Amosando publicacións coa etiqueta CORRELINGUA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CORRELINGUA. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de maio de 2026

CORRELINGUA

Ribadeo converteuse o mércores 20 de maio nun gran espazo de celebración da lingua galega coa nova edición do Correlingua.

Nesta xornada festiva e reivindicativa participou tamén o alumnado de 1º de ESO do noso centro, compatindo unha experiencia chea de música, convivencia e compromiso co galego.

O Correlingua é unha iniciativa educativa e lúdica que promove o uso da nosa lingua entre a mocidade, reunindo cada ano milleiros de estudantes arredor da defensa e celebración do galego. 

Esta actividade foi organizada polo EDLG do centro.



xoves, 6 de xullo de 2023

Correlingua 2023

O alumnado de 1º de ESO un ano máis participando no COrrelingua que este ano se celebrou en Vilanova de Lourenzá: Na casa, na escola, bota a lingua fóra.



martes, 23 de novembro de 2021

CORRELINGUA PROVINCIAL 2021.

Hoxe estivemos presentes, de maneira virtual, na festa provincial do Correlingua retransmitida dende o pavillón de deportes de Foz. Son xestos necesarios para que rapaces e rapazas lle vaian collendo cariño a unha lingua que non merece desprezos.