Amosando publicacións coa etiqueta Exposición. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Exposición. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de abril de 2026

AVES DE PASO



O EDLG do noso centro presenta unha exposición sobre as aves de paso.

Está situada  no seu taboleiro da entrada do instituto, onde poderás coñecer 13 aves migratorias que pasan por Galicia, os diferentes nomes que reciben en galego, o seu nome científico e tamén refráns e coplas da nosa tradición.

Unha proposta para achegarse á lingua e á cultura dun xeito sinxelo e interesante.

Pasa, le e descobre!

xoves, 12 de febreiro de 2026

LEMAS POLO AMOR

 No mes de febreiro, na entrada do instituto, o Equipo de Dinamización Lingüística promoveu esta fermosa iniciativa.

O alumnado de 1º e 2º da ESO colaborou na creación desta decoración e destes lemas polo amor, o único que pode salvar a humanidade, as especies e o planeta da separación, do odio e da destrución.

É importante que non se vexa o amor coma un acto comercial: o amor non se expresa con agasallos comprados con diñeiro, senón a través do respecto e da tolerancia.










venres, 16 de xaneiro de 2026

Exposición CANCIÓNS GALEGAS EN OT

O galego tamén soa en Operación Triunfo

No taboleiro da entrada do noso centro presentamos unha pequena exposición sobre as cancións en galego que soaron en OT. Un percorrido por actuación que levaron a nosa lingua a un dos escenarios musicais máis coñecidos en televisión.

Unha oportunidade para lembrar estas interpretacións e comprobar que o galego tamén ten presenza na música actual e nos grandes programas das televisóns estatais.

Achégate e descúbreas!







venres, 21 de novembro de 2025

Exposición A ORIXE DOS NOMES DAS CIDADES GALEGAS

Sabes de onde veñen os nomes das cidades galegas?

No taboleiro da entrada do centro propoñémosvos unha pequena viaxe pola etimoloxía das cidades de Galicia. A través desta exposición poderedes descubrir a orixe e o significado dos seus nomes, moitos deles ligads á historia, á lingua e ao territorio.

Un percorrido curioso para coñecer mellor o pasado das nosas cidades e a riqueza da nosa lingua.

Achégate ao taboleiro e descúbreo!

luns, 6 de marzo de 2023

Exposición fotográfica "Recopilatorio musical" da fotógrafa Cristina Andina. Día da Muller

 

Unha das actividades que programamos entorno ao Día da Muller 2023 foi un encontro coa afamada fotógrafa Cristina Andina. 

      

O seu traballo como fotógrafa comeza no ano 2012 colaborando coa sala de concertos Leclub.A partir de aí xórdelle máis traballo no ámbito musical e cultural. É fotógrafa do festival Elas son artistas, 17º Ribeira Sacra, Outono Códax Festival, PortAmérica e Festival de Cans.

Realizou varias exposicións, tanto individuais como colectivas, pero gustarianos destacar a dedicada ao teatro "Outra pel, outro rostro".

 

Desde hoxe temos no centro a súa exposición "Recopilatorio musical" onde aparecen moitos dos artistas que fotografou en directo desde 2012 ata a actualidade.