"Naceu en outubro de 1964"
"Miraba o mundo de xeito diferente"
"Naceu en outubro de 1964"
"Miraba o mundo de xeito diferente"
No IES Marqués de Sargadelos unímonos á celebración do Día das Letras Galegas lembrando a figura de Begoña Caamaño (1964-2014), escritora, xornalista e referente do feminismo galego contemporáneo.
A través da súa obra e do seu compromiso coa lingua e a cultura galega, Begoña Caamaño deixou unha fonda pegada na literatura do noso país, dando voz ás mulleres desde unha mirada crítica, libre e comprometida.
Nesta data tan especial queremos reivindicar a importancia de seguir coidando e transmitindo o galego, patrimonio vivo que nos identifica como pobo.
Ler, crear e vivir en galego é tamén unha forma de manter viva a nosa cultura.
Nesta ligazón podes consultar información sobre Begoña Caamaño
Na tarde do luns 11 de maio o patio dianteiro encheuse de música, baile e tradición galega coa actuación de A Rebolaxe de San Cibrao e Mistura de Lieiro.
Alumnado do centro participou vestido co traxe tradicional galego, cantando, bailando e tocando a pandeireta, facendo desta xornada unha celebración moi especial da nosa cultura.
Esta actividade foi organizada polo EDLG para festexar as Letras Galegas e seguir mantendo viva a nosa tradición.
Moitas grazas a ambas asociacións pola súa presenza, colaboración e por compartir connosco a música da nosa terra.
Amosamos carteis na entrada e no expositor dentro da biblioteca homenaxeando ás protagonistas desta conmemoración. Adquirimos varios libros relacionados con esta temática que colocamos baixo o cartel para captar a atención dos visitantes. Agradecemos a colaboración do alumnado de Educación plástica de 4º ESO e do departamento de galego.
Acto para conmemorar o Día das Letras Galegas realizado onte na biblioteca do centro.
Contamos coa axuda de alumnado de 1° de ESO.
Grazas pola colaboración rapazada!
Este ano para conmemoraro o Día das Letras Galegas o Departamento de Lingua galega e literatura propuxo a realización dun certame de folletos sobre a autora homenaxeada.
Deixámosvos por aquí o cartel e as bases para poder concursar.
O departamento de Lingua galega e literatura realizaou diversas actividades para conmemorar a celebración que este ano se adica a Francisco Fernández del Riego.
En
primeiro lugar o alumnado de 3º de ESO realizou un cartel que quedou
exposto na galería do centro con simboloxía e palabras máis
significativas de Galicia.
Por outra banda, alumnado de 2º, 4º de ESO e 1º de BAC realizaron lemas relacionados coas Letras Galegas con diversos editores de imaxe.
Finalmente o Equipo de Dinamización Lingüística decidiu serigrafiar unhas bolsas co lema máis orixinal e repartiunas a todo o centro: alumnado, profesorado e persoal non docente.
A biblioteca do centro tamén se suma á
conmemoración do Día das Letras Galegas. Este ano adicado a Francisco
Fernández del Riego, ensaísta, narrador e editor. Traballou incansable a
favor da nosa cultura durante tempos escuros, impulsando e dirixindo
proxectos que fixeron crecer o país.
Podedes consultar neste enlace unha biografía do autor:
https://academia.gal/letras-galegas/2023/francisco-fernandez-del-riego
Xela sabe onde dorme o sol
e pode espertalo cos seus fermosos ollos.
Pode seducilo,
abrazarse con el cando se deita.