mércores, 17 de maio de 2023

Actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas 2023

O departamento de Lingua galega e literatura realizaou diversas actividades para conmemorar a celebración que este ano se adica a Francisco Fernández del Riego.

En primeiro lugar o alumnado de 3º de ESO realizou un cartel que quedou exposto na galería do centro con simboloxía e palabras máis significativas de Galicia.


Por outra banda, alumnado de 2º, 4º de ESO e 1º de BAC realizaron lemas relacionados coas Letras Galegas con diversos editores de imaxe.

 

Finalmente o Equipo de Dinamización Lingüística decidiu serigrafiar unhas bolsas co lema máis orixinal e repartiunas a todo o centro: alumnado, profesorado e persoal non docente.





Ningún comentario:

Publicar un comentario