O alumnado de 1º de ESO un ano máis participando no COrrelingua que este ano se celebrou en Vilanova de Lourenzá: Na casa, na escola, bota a lingua fóra.
xoves, 6 de xullo de 2023
luns, 29 de maio de 2023
Roteiro literario "A gruta da torre"
O xoves 25 o alumnado de 1º de ESO realizou un roteiro literario por Ribadeo baseado no libro de lectura A gruta da Torre de Lois Pérez. Pasearon polos lugares onde discorre esta novela xuvenil acompañados polo propio autor lucense.
venres, 19 de maio de 2023
Premios Dígocho Eu
O martes 16 de maio dous alumnos e unha alumna de 2 de ESO acudiron á Gala dos II Premios espeicias do xurado Dígocho Eu.
O vídeo que presentaron ao certame quedou entre os 3 primeiros dun total de 200 vídeos!
Bo traballo!
mércores, 17 de maio de 2023
Actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas 2023
O departamento de Lingua galega e literatura realizaou diversas actividades para conmemorar a celebración que este ano se adica a Francisco Fernández del Riego.
En
primeiro lugar o alumnado de 3º de ESO realizou un cartel que quedou
exposto na galería do centro con simboloxía e palabras máis
significativas de Galicia.
Por outra banda, alumnado de 2º, 4º de ESO e 1º de BAC realizaron lemas relacionados coas Letras Galegas con diversos editores de imaxe.
Finalmente o Equipo de Dinamización Lingüística decidiu serigrafiar unhas bolsas co lema máis orixinal e repartiunas a todo o centro: alumnado, profesorado e persoal non docente.
martes, 16 de maio de 2023
Dia das Letras galegas 2023
A biblioteca do centro tamén se suma á
conmemoración do Día das Letras Galegas. Este ano adicado a Francisco
Fernández del Riego, ensaísta, narrador e editor. Traballou incansable a
favor da nosa cultura durante tempos escuros, impulsando e dirixindo
proxectos que fixeron crecer o país.
Podedes consultar neste enlace unha biografía do autor:
https://academia.gal/letras-galegas/2023/francisco-fernandez-del-riego
venres, 28 de abril de 2023
Vídeos #DígochoEu
O alumnado de 2º e 4º de ESO realizou os seguintes vídeos para a materia de Lingua galega e literatura. Aproveitando que este programa convocou un concurso, os mellores serán escollidos para participar no Concurso Premios especias do xurado Dígochoeu.
domingo, 23 de abril de 2023
Plataforma E-LBE.2
Incorporámonos á plataforma de préstamo dixital E-LBE.2
Esta plataforma procura ampliar as experiencias e as posibilidades que ofrece para a mellora da competencia lectora e dos hábitos de lectura entre os máis novos.
Durante o curso xa puideron desfrutar dela con lecturas como A dúbida de María Reimóndez, As meigas de Lupa de María Solar, Xa non estou aquí de Iria Misa, O que sei do silencio de Andrea Maceiras, A neve interminable de Agustín Fernández Paz e O corazón de Xúpiter de Ledicia Costas.
xoves, 20 de abril de 2023
Traballos sobre o libro "Corredores de sombra" de Agustín Fdez Paz
Deixamos por aquó constancia dos traballos reallizados polo alumnado de 3º de ESO para a mateira de Lingua galega e literatura sobre o libro Corredores de sombra de Agustín Fernández Paz.
Podedes encontralos expostos na biblioteca do centro.
martes, 18 de abril de 2023
Os gañadores/as do Concurso de disfraces desfrutan do seu premio
Hoxe os gañadores/as do Concurso de disfraces na modalidade de grupos desfrutaron do seu premio na cafetería do centro. Agradecementos a César por todo o seu traballo!
Deixamos por aquí algunhas fotos:
xoves, 13 de abril de 2023
Encontro co ilustrador e debuxante Cristian F. Caruncho
Hoxe tivemos a sorte de encontrarnos con Cristian F.Caruncho, ilustrador do libro Saínza, a punkiereteira. Un traballo realizado xunto á escritora María Canosa.
O alumnado de 2º ESO coñeceu o proceso de elaboración deste libro da man do propio debuxante, como se iniciou a idea para a creación e as ferramentas que utiliza.
































































