Amosando publicacións coa etiqueta Libros de lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libros de lectura. Amosar todas as publicacións

martes, 26 de maio de 2026

O PRACER DE LER, de Andrea Maceiras

Desde o equipo de Biblioteca e o EDLG do IES Marqués de Sargadelos queremos recomendar unha lectura moi especial: O pracer de ler, da escritora galega Andrea Maceiras.

Andrea Maceiras é unha das voces máis destacadas da literatura xuvenil galega actual. Nas súas obras aborda temas moi próximos á adolescencia, como a identidade, as emocións, as relacións persoais ou a importancia de atopar o propio lugar no mundo. En O pracer de ler, a autora reflexiona sobre o valor da lectura e sobre como os libros poden axudarnos a comprender mellor a realidade, acompañarnos nos momentos difíciles e abrirnos novas maneiras de pensar e sentir.

Trátase dunha lectura amena, sensible e moi próxima ao alumnado da ESO, ideal para descubrir que ler no é só unha actividade escolar, senón tamén unha fonte de emoción, aventura e crecemento persoal.

Un libro moi recomendable para seguir fomentando o gusto pola lectura en galego.

venres, 24 de xaneiro de 2025

Exposición traballos de lectura "Todo o tempo do mundo"

Exposición de traballos, agora do alumnado de 2º ESO de Lingua e Literatura galega. A lectura escollida foi Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias. Gústanos compartir cos usuarios da biblioteca as tarefas desenvolvidas relacionadas coa lectura en algún grupos e así incentivar o gusto pola lectura e bo traballo.

luns, 20 de xaneiro de 2025

Lecturas de inverno

Animamos aos visitantes da biblioteca a que se deixen abrigar por lecturas do seu agrado neste inverno. Ofrecemos un pouco de todo: novela, poesía, relatos, ensaio, divulgación etc.

martes, 14 de xaneiro de 2025

Traballos libro de lectura 1º ESO

Exposición de traballos do alumnado de 1º ESO de Lingua e Literatura galega. A lectura escollida foi Déixao medrar, de Silvestre Gómez Xurxo.

Cando se trata de fomentar o gusto e interese pola lectura, pedirlles aos estudantes que elaboren traballos sobre os mesmos, incluíndo tamén as súas opinións e engadindo algunha ilustración, contribúe a que leven a cabo esta tarefa con maior agrado.




 

xoves, 20 de abril de 2023

Traballos sobre o libro "Corredores de sombra" de Agustín Fdez Paz

 

Deixamos por aquó constancia dos traballos reallizados polo alumnado de 3º de ESO para a mateira de Lingua galega e literatura sobre o libro Corredores de sombra de Agustín Fernández Paz.

Podedes encontralos expostos na biblioteca do centro.








xoves, 23 de marzo de 2023

Traballos do libro de lectura

O alumnado de 1º da ESO realizou uns traballos espectaculares sobre o libro de lectura Leandro e os fontaneiros da escritora María Victoria Moreno que están expostos na biblioteca do centro.