Amosando publicacións coa etiqueta Premios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Premios. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de marzo de 2026

Premios Concurso de logos do EDLG

Hoxe fixemos entrega dos premios do Concurso de Logos do EDLG do IES Marqués de Sargadelos convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística.

Parabéns a María Roza, Iria Baltar e Irea Río polo seu gran traballo!

As tres recibiron unha camiseta co logo gañador e un cheque para gastar en libraría.

Grazas a todo o alumnado participante pola súa creatividade e implicación!



venres, 6 de marzo de 2026

Premios concurso de disfraces Entroido

 Do Entroido... aos saltos!

Este xoves 5 de marzo, o alumnado de 4º da ESO e 2º de Bacharelato do noso centro, premiados nos concursos Tes Talento e Entroido gozou do seu merecido premio cunha xornada chea de adrenalina no centro de lecer Xjump de Avilés.

Risas, acrobacias e moita enerxía para celebrar a creatividade, o traballo en equipo e o espírito festeiro que demostraron.

Así dá gusto celebrar o Entroido!


venres, 13 de febreiro de 2026

Concurso de Disfraces ENTROIDO 2026

O venres 13 de febreiro o instituto encheuse de cor, creatividade e moito humor no Concurso de Disfraces de Entroido, organizado polo Departamento de Activades Extraescolares e Complementarias e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Viviuse con moita risa, humor e moita imaxinación.
Aquí temos algunha das fotos da xornada e as persoas premiadas:

PREMIOS:
Categoría grupo:
1º premio: Ma-duro (4º ESO)
2º premio: Compañía do café: o final (2º bach)

Categoría parella/individual:
1º premio: Jack Sparrow (Lucía e Divane 4º ESO)
2º premio: King África (Irea e Clara 3º ESO)

Grazas a todo o alumnado por participar e poñerlle tanto ritmo ao instituto.











venres, 19 de decembro de 2025

Premio Concurso POSTAIS DE NADAL

 


Xa temos gañadoras e gañadores do Concurso de Postais de Nadal!

Desde o IES Marqués de Sargadelos queremos felicitar ao alumnado participante pola súa creatividade, orixinalidade e implicación. Este concurso, que contou cunha moi alta participación do alumnado, foi organizado polo equipo de biblioteca, o departamento de Artes Plásticas e o equipo de Dinamización da Lingua Galega, puxo en valor o talento artístico e o uso do galego entre o noso alumnado.

Parabéns ás persoas gañadoras e grazas a todas e todos os participantes por encher o Nadal de arte.

1º premio: Iria Baltar Canoura

2º premio: Irea Río Labaén

3º premio: Claudia López Rivas






martes, 13 de maio de 2025

Premios Concurso de disfraces

Premiados no Concurso de disfraces desfrutando dos pinchos.

Agradecementos para César pola súa colaboración.

 







xoves, 6 de marzo de 2025

Gañadores Concurso de Doces

1° premio: Adrián Fernández de 2° de FPBásica

2° premio: Daniel Rodríguez de 1° de ESO

3° premio: Candela Pardo de 3° de ESO

Moitísimas grazas pola vosa participación. Á volta do Entroido repartiremos os vales a cada gañadores/a.




luns, 12 de febreiro de 2024

Gañadores Concurso de disfraces 2024

Este ano o nivel do concurso de disfraces foi moi alto. Pasámolo en grande coas actuacións e postas en escea de todo o alumnado participante.


Agradecemos tanta implicación pola vosa parte!!

Gañadores/as do concurso de disfraces 2024:

3° premio "As feras" alumnado de 2° de BAC
2° premio " Fariña" alumnado de 4° de ESO
1° premio " A gran voda" alumnado de 1° de BAC

Cando nos recuperemos da resaca de hoxe subiremos un vídeo resumo das actuacións!





 

venres, 9 de febreiro de 2024

Concurso de sobremesas de Entroido 2024

Concurso de sobremesas de Entroido
Deixámosvos por aquí unhas fotos das sobremesas de Entroido que o alumnado trouxo para participar no concurso.


Gañadores/as:

3° premio para Daniel Rodríguez de 1° de ESO
2° premio para Sara Lecumberri de 4° de ESO
1° premio para Adrián Fernández de 1° de FP Básica











venres, 19 de maio de 2023

Premios Dígocho Eu

O martes 16 de maio dous alumnos e unha alumna de 2 de ESO acudiron á Gala dos II Premios espeicias do xurado Dígocho Eu.

O vídeo que presentaron ao certame quedou entre os 3 primeiros dun total de 200 vídeos!

Bo traballo!






 

martes, 18 de abril de 2023

Os gañadores/as do Concurso de disfraces desfrutan do seu premio

 

Hoxe os gañadores/as do Concurso de disfraces na modalidade de grupos desfrutaron do seu premio na cafetería do centro. Agradecementos a César por todo o seu traballo!

Deixamos por aquí algunhas fotos:









xoves, 30 de marzo de 2023

Os gañadores do Concurso de Entroido desfrutan do seu premio

 

Os segundos clasificados no concurso de Entroido na modalidade de grupos desfrutaron hoxe do seu premio na cafetería do centro!

Infinitos agradecementos a César por colaborar sempre nestes eventos.