martes, 4 de maio de 2021

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN COLABORANDO CO PLAN PROXECTA NA DIFUSIÓN DOS VELLOS OFICIOS, DA CULTURA TRADICIONAL GALEGA E CON ELA A NOSA LINGUA.

 

Hoxe estivo con nós o último alfareiro de Gundivós: Elías González Prieto. Enmarcado no Plan Proxecta “Os vellos oficios” que iniciamos en febreiro co oficio dos zoqueiros cando nos visitou Alberto Geada.


Quedámonos coa súa invitación a unha visita guiada que nos pode preparar se nos poñemos en contacto neste sitio.


www.rectoraldegundivos.es



Gundivós (Sober, Lugo), «terra de cacharreiros», en plena Ribeira Sacra.. Centro importante de industria alfareira, pasou por un importante declive nos anos 60 chegando case á desaparición. De momento, esta tradición mantense viva grazas ao traballo dos poucos alfareiros que aínda dominan este vello ofcio e intentan promocionar este tipo de alfareiría: Elías González Prieto, quen nos visitou hoxe é un claro exemplo.


As súas pezas son feitas con torno baixo movido pola man, con barro local e cocidas en forno de leña. As formas tradicionais son sobrias, reforzadas con vincos e con distinguida decoración incisa. O interior vai recuberto con resina de piñeiro; posteriormente quéntase a peza para fundila, o que fai que estas pezas collan a negra cor característica.


Trátase de pezas destinadas a gardar o viño, o vinagre, meleiras, queixeiras, etc.

































Ningún comentario:

Publicar un comentario