luns, 7 de xuño de 2021

PLAN PROXECTA. OS VELLOS OFICIOS. A CESTERÍA. “Cestería contemporánea. Fusión co téxtil a través da combinación de materiais orgánicos con diferentes técnicas artesanais. Pezas con espírito, sensoriais, que dan xogo a todos os sentidos, que espertan a gana de tocar, ulir, morder, mesmo abrazar.” No IES MARQUÉS DE SARGADELOS, dentro do PLAN PROXECTA 2021, viñemos traballando e dando a coñecer entre o noso alumnado a artesanía e os vellos oficios que xa están desaparecendo. Empezamos co oficio de zoqueiro, con Alberto Geada; seguimos coa cerámica de Gundivós ( Ribeira Sacra ) da man de Elías González e rematamos hoxe coa cestería. Recibimos a visita de Idoia Cuesta; Premio Nacional de Artesanía 2015. Trátase dunha demostración do oficio tradicional dos cesteiros. Neste caso, de como se realizan as pezas de cestería e como se pode fusionar a tradición coa modernidade neste tipo de creacións. A especialista nesta materia, Idoia Cuesta, estivo connosco ao longo da mañá de hoxe para que coñezamos este oficio tradicional, o seu presente e as expectativas de futuro.

www.idoiacuesta.com

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario