Para
celebrar a festa do Samaín 2022, a biblioteca do centro preparou un
concurso que consiste en cubrir un cuestionario de 12 preguntas de
respostas curtas e tipo test. Estase a celebrar desde o 25 de outubro e
rematará o 2 de novembro.
Para poder resolver as preguntas, o alumnado participante terá que consultar os libros dispostos nunha mesa. Cada unha das preguntas fai referencia a un libro (antes de cada pregunta xa se indica entre paréntese a cal deles se refire).

Os
alumnos e alumnas deberán obter un 100% de respostas acertadas para
poder acadar o premio que se entregará o 1º recreo do venres 4 de
novembro.
Deixamos por aquí algunhas fotos dos concursante.
Ningún comentario:
Publicar un comentario