venres, 24 de novembro de 2023

Obradoiro: "Português, tão perto”

O alumnado de 3° de ESO e 1° de BAC realizou na última semana de novembro un obradoiro titulado "Português, tão perto”. Iniciativa que impulsou a @vicedepulugo xunto a @agalnh co obxectivo de achegar o portugués ao estudantado da provincia.

Durante o obradoiro aprendenderon nocións básicas da lingua lusa o que axuda a por en valor a lingua e contrarrestar os prexuízos. Tamén se lles mostrou que o galego é unha entrada privilexiada para acceder ao portugués e a vantaxe que acadarían no marco europeo.

Por último, mostramos o libro que doou á biblioteca do noso centro o profesor que impartiu o obradoiro.














Ningún comentario:

Publicar un comentario