venres, 23 de febreiro de 2024

Día de Rosalía 2024

 Hoxe recordamos a Rosalía de Castro no seu aniversario de nacemento. Expoñemos un cartel-collage con diversas imaxes relacionadas coa autora, por exemplo, a casa onde naceu, bustos e graffitis en distintas cidades, un teatro que leva o seu nome, unha aeronave noruega cunha impresión da súa foto ou unha estrela do firmamento nomeada Rosalía. No outro expositor, algúns traballos de alumnos e alumnas de diferentes cursos que lle rinden homenaxe.



 


Ningún comentario:

Publicar un comentario